Naturnova súmase á Noite Branca de Vigo con entrada gratuíta e ampliando o seu horario

O Centro Interactivo de Educación Ambiental de Afundación poderase visitar de 18.30 a 22.30 h
Publicado por o día 08/08/2019 na sección de Galicia,Vigo

Naturnova súmase á Noite Branca de Vigo con entrada gratuíta e ampliando o seu horario

Afundación súmase á celebración da Noite Branca que terá lugar mañá venres 9 de agosto en Vigo. Nesta ocasión, o Centro Interactivo de Educación Ambiental de Afundación, Naturnova, poderase visitar de forma gratuíta mañá, entre as 18.30 e as 22.30 h, e os asistentes poderán coñecer algúns dos misterios dos planetas, realizar unha viaxe polo fondo do mar no seu simulador submarino ou visualizar o funcionamento das enerxías renovables.

Naturnova, inaugurado en 2003 co fin de ilustrar algúns dos aspectos máis interesantes da natureza mediante unha aprendizaxe lúdica, está situado na rúa Velázquez Moreno, 20. O espazo estrutúrase en tres salas divididas por temáticas. A primeira fai referencia ao universo e nela explícanse, ademais da galaxia e o sistema solar, as formas de movemento dos planetas e a súa situación dentro do sistema e o nacemento das estrelas. O seguinte espazo está centrado na Terra e nos trazos característicos que presenta, como o seu chan, a auga ou a atmosfera. Os seres humanos e a relación co medio é o núcleo temático da terceira sala.