O Náutico acollerá a 29 edición da Feira de Abril entre do 28 de abril e o 1 de maio

A Feira de Abril vivirase en Vigo esta fin de semana. Durante catro días, todos os vigueses poderán somerxerse na arte e na cultura andaluzas achegándose ao Náutico, onde atoparán baile, música, paseos a cabalo ou en calesas ou actividades infantís, entre outros.
Publicado por o día 27/04/2017 na sección de Concello de Vigo,Vigo

O Náutico acollerá a 29 edición da Feira de Abril entre do 28 de abril e o 1 de maio

Mañá venres, 28 de abril, ás 21,00 h, arrancará o “alumbrao” que dará comezo á 29 edición da Feira de Abril en Vigo. A zona do Náutico será, un ano máis, o espazo no que se van desenvolver actividades musicais e de baile. Este ano, como novidade, ademais da Casa de Andalucía en Vigo -que conta coa caseta principal- tamén forma parte da iniciativa a Asociación Cultural Triana de Vigo. Segundo explicaron os promotores na presentación, as actividades arrancarán sobre as 12,00 horas e prolongaranse ao longo de todo o día, incluído, entre outros, obradoiros e actuacións infantís, un flahsmob ou paseos en cabalos ou calesas

Durante a rolda de prensa, o concelleiro de Comercio, Angel Rivas, fixo un chamamento a todos os vigueses para achegarse ao Náutico nesta ponte festiva. Referiuse á Feira de Abril como un acontecemento xa consolidado na cidade que contribúe a dinamizar a hostalería e o comercio local. Rematou agradecendo aos organizadores a súa labor e reiterou o compromiso do goberno local con todas as accións que estimulen a economía e polo tanto a xeración de emprego.

Rivas estivo acompañado nesta presentación por María Josefa Villar López, presidenta da Casa de Andalucía en Vigo; Rubén Pérez Méndez, presidente de Zona Náutico e Vicente González Pereira, presidente da Asociación Cultural Triana de Vigo.