Nava Castro e Jesús Gamallo reciben aos primeiros participantes do congreso internacional World Trails Conference que comeza mañá

Máis de 200 congresistas participarán ata o sábado nesta cita ao redor dos máis importantes itinerarios culturais, ecolóxicos e de peregrinación do mundo

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e o director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, Jesús Gamallo, recibiron hoxe en Santiago de Compostela aos primeiros participantes do congreso internacional World Trails Conference. Esta cita reunirá en Santiago de Compostela a partir de mañá e ata o sábado a máis de 200 congresistas de preto de 40 países para debater ao redor dos mellores itinerarios culturais, ecolóxicos e de peregrinación do mundo.

No encontro presentouse parte da oferta turística galega e dos recursos asociados ao Camiño de Santiago aos membros da rexión eslovaca de Prešov. A súa presenza en Santiago de Compostela enmárcase nos preparativos do congreso que se inaugurará mañá mércores. Ata o sábado, os congresistas coñecerán as claves de xestión das rutas e afondarán na súa contribución cultural e económica nos destinos que atravesan.

Xunto ao traballo levado a cabo no Camiño de Santiago en Galicia tamén se contará con representantes de itinerarios como os camiños de Jeju Olle, en Corea do Sur, o do Great Himalaya Trails, o trazado máis largo e alto do mundo e que está situado no Nepal ou con representantes de itinerarios de Canadá ou Xordania, entre outros.

Portas abertas o sábado

Amais dos relatorios, a World Trails Conference incluirá unha sesión gratuíta e aberta para todos os públicos o sábado 29. A xornada será no Auditorio Abanca (rúa do Preguntoiro, 23) onde se celebrará unha conferencia maxistral do director executivo da Organización Mundial do Turismo (OMT), Manuel Butler, así como unha mostra de cine con proxeccións de curtametraxes e documentais ao redor dos itinerarios. A información completa do congreso pódese consultar na páxina web santiagoworldtrails2018.com.

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM