Nava Castro participa en Valadares na iniciativa ‘pasiño a pasiño imos facendo o camiño de Santiago’ no marco de ‘O TEU XACOBEO’

Publicado por o día 13/10/2019 na sección de Galicia,Vigo,Xunta de Galicia

Nava Castro participa en Valadares na iniciativa ‘pasiño a pasiño imos facendo o camiño de Santiago’ no marco de ‘O TEU XACOBEO’

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou hoxe en Valadares no proxecto Pasiño a pasiño imos facendo o camiño de Santiago’ coordinado polo Centro cultural artístico e recreativo desta parroquia viguesa e impulsado pola Xunta de Galicia no marco de O Teu Xacobeo. Na xornada, os veciños de Valadares recrearon unha peregrinación labrega entre música e actividades culturais. Así, os asistentes puideron gozar das actuacións de trobadores e da Unión Musical de Valadares que interpretou un repertorio baseado en músicas xacobeas. O acto tamén contou cun parladoiro a cargo dun experto que falou sobre o Camiño Portugués da Costa.

No acto púxose de manifesto a importancia de iniciativas como a de Valadares na preparación do Xacobeo 2021 insistindo na descentralización de programas como O teu Xacobeo da Xunta de Galicia, que está a promover máis de 350 proxectos en toda a Comunidade. Asimesmo, incidiuse no papel do Centro Cultural de Valadares por achegar os valores do Camiño de Santiago aos seus veciños, sobre todo tendo en conta a beleza dos espazos naturais que percorre o Camiño nesta parroquia viguesa.