Nava Castro sitúa á ría de Vigo e Baixo Miño entre os xeodestinos con máis oportunidades no turismo cultural

Publicado por o día 22/01/2020 na sección de Turismo,Xunta de Galicia

Nava Castro sitúa á ría de Vigo e Baixo Miño entre os xeodestinos con máis oportunidades no turismo cultural

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou hoxe en Fitur na presentación Benvido ao primeiro reino medieval de Europa, onde o xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño presentou o seu primeiro produto turístico vinculado á historia deste territorio e, como dixo, contribuirá a engadir máis atractivos de visita a este xeodestinos.

Neste sentido, a directora de Turismo de Galicia situou aos diferentes concellos integrantes neste xeodestino entre os que teñen máis oportunidades no eido do turismo cultural. Con máis de 60 Bens de Interese Cultural en un territorio no que se sitúa un dos seis parques naturais de Galicia, felicitou ás administracións locais por atopar no turismo un aliado paa manter e divulgar todo ese legado. No marco da colaboración da Xunta cos concellos galegos, tamén este xeodestino conta co apoio da Consellería de Cultura e Turismo para impulso e promoción de produtos turísticos, que o ano pasado roldou os 30.000 euros.