Navalia acode a Miami cunha importante axenda de traballo

O obxectivo é atraer a máis empresas do segmento de cruceiros para a próxima edición de 2020
Publicado por o día 08/04/2019 na sección de Galicia,Vigo

Navalia acode a Miami cunha importante axenda de traballo

A Feira Internacional da Industria Naval de Vigo desprázase esta semana a Miami para participar na Seatrade Cruise Global, o salón de cruceiros máis importante do mundo que se celebra do 8 ao 11 de abril. Navalia acode nesta ocasión cunha intensa axenda de traballa cuxo obxectivo principal é atraer a máis empresas do segmento de cruceiros á próxima edición do evento. “Queremos potenciar a presenza internacional de expositores e visitantes na oitava edición de Navalia; é o noso maior reto. E con esta premisa, hai que ter en conta que o auxe que nestes momentos ten a construción de cruceiros, probablemente teña moito que dicir e achegar ao noso evento o próximo ano”, explica Javier Arnau, director de Navalia.
 
Grazas á presenza da Autoridade Portuaria de Vigo en Miami, Navalia manterá na súa caseta varias reunións co vicepresidente do Miami Dade Beacon Council e cunha delegación do Departamento de Comercio Exterior de Estados Unidos. Neste sentido, e tras seis meses de traballo coa embaixada de Estados Unidos en Madrid para que o país estea presente na oitava edición de Navalia, a finais deste mes abril unha delegación visitará Vigo. A organización do evento vigués coordina esta viaxe que ten como obxectivo visitar a
 
empresas relacionadas coa pesca, o sector naval e tamén o Porto de Vigo.
 
Doutra banda, e grazas tamén á presenza de Abanca no Comité Executivo de Navalia, Javier Arnau visitará a sede que a entidade financeira ten en Miami onde se reunirá con varias empresas do sector naval.
 
Finalmente, o director de Navalia manterá un encontro coa Conselleira Económica e Comercial da Embaixada en España de Miami, organizada polo ICEX e o IGAPE.