Navalia acode de Aqua Nor (Noruega) en busca de novos nichos de negocio

Publicado por o día 20/08/2019 na sección de Galicia,Vigo

Navalia acode de Aqua Nor (Noruega) en busca de novos nichos de negocio
A Feira Internacional da Industria Naval, Navalia, acode esta semana a Aqua Nor, a feira internacional de tecnoloxía para a acuicultura máis grande do mundo, e que terá lugar en Noruega entre do 20 e 23 de agosto. O obxectivo non é outro que estudar e atraer novos segmentos de mercado para o salón español. “Como ocorreu no seu día coa construción de cruceiros, o noso labor e case obrigación como feira é investigar onde pode haber novas oportunidades de negocio para os estaleiros e a industria auxiliar e traela a Vigo. As feiras seguen sendo un gran escaparate e punto de encontro para as empresas”, explica Javier Arnau, director de Navalia desde Noruega. “No seu momento, estivemos a facer importantes prospeccións nas principais feiras de cruceiros do mundo, e deu resultado. Agora achegámonos á acuicultura. A esta feira acoden estaleiros que constrúen embarcacións para dar soporte e servizo a sector acuícola. Esperamos volver con novas posibilidades para o noso salón”, afirma Arnau. Zamakona ou Murueta son algunhas das firmas españolas que forman parte dos expositores para a cita de 2019.
 
Aqua Nor realízase cada dous anos en Noruega, e consolidouse como un encontro de referencia mundial: é unha das feiras máis importantes do mundo no sector de solucións tecnolóxicas para a acuicultura. No ano 2017, recibiu máis de 27 mil visitantes e contou con 600 expositores procedentes de 25 países.