Navalia arrinca a comercialización do espazo M- FISHING que situará na ampliación do IFEVI

Situarase na ampliación do IFEVI e estará destinado ás empresas de maquinaria para os buques pesqueiros
Por o 13/05/2019 | Sección: Galicia,Mar,Naval,Vigo
Navalia arrinca a comercialización do espazo M- FISHING que situará na ampliación do IFEVI
A oitava edición de Navalia segue sumando metros e agora faio coa comercialización do espazo M- FISHING, unha vella demanda do sector que verá a luz en 2020. “Algúns visitantes e expositores suxeríronnos contactar coas empresas que se dedican á fabricación de maquinaria nos buques pesqueiros, a relativa ao procesado en alta mar, e tamén a outros materiais que van nestes barcos, e grazas á ampliación do IFEVI na próxima edición será unha realidade”, apunta Javier Arnau, director do evento.
 
E é que, ante a importancia da renovación da flora pesqueira en moitos lugares do mundo, a dirección de Navalia apostou por dedicar un espazo expositor a este tipo de empresas que fabrican e/ou comercializan a maquinaria para a procesar o peixe dentro dos buques: limpeza, despezamento, corte, fabricación de xeo, etc. Navalia converteuse nun marco incomparable para os armadores, dado que o sector da pesca volve estar en auxe. Frotas como as de Namibia, Groenlandia, Arxentina ou Chile depositaron a súa confianza nos estaleiros galegos para renovar os seus buques.
 
M- FISHING será un lugar diferenciado e sinalizado para facilitar a visita de armadores pesqueiros. Ademais, Navalia 2020 acollerá a celebración de diversas xornadas técnicas específicas para o sector pesqueiro e traballa na visita de varias delegacións de armadores procedentes de Cabo Verde, Namibia, Arxentina e Perú.
 

Delegación de Cabo Verde

 
A pasada semana a organización de Navalia participaba en Expomar (Burela) onde o sector deixaba patente a necesidade acometer unha importante renovación da frota de baixura, tendo en conta, ademais, que a pesca española é dos poucos sectores socioeconómicos líder na Unión Europea, con 8.972 barcos que capturan unhas 940.000 toneladas de peixes e mariscos, e permiten ofrecer máis de dez millóns de peixe ao día.
 
En Expomar, Javier Arnau estivo reunido con representantes de Porto Grande e o Estaleiro Cabnave, así como co presidente da Câmara de Comércio do Norte de Cabo Verde. Arnau logrou materializar o compromiso para contar de novo cunha delegación do país africano no 2020. “Cabo Verde é un país estratéxico tendo en conta á súa posición xeográfica para a descarga de peixe dos barcos procedentes tanto do Atlántico como do Pacífico”, explica o director de Navalia, quen ademais apunta que “na próxima edición esperamos que se somen á listaxe de expositores”.

Comentar noticia

Your email address will not be published.