Navia acollerá unha xornada de xogos cooperativos

Contra os xogos de azar, xornada de xogos cooperativos
Publicado por o día 13/06/2019 na sección de Eventos,Galicia,Vigo

Navia acollerá unha xornada de xogos cooperativos

Tras as recentes aperturas de centros de xogos e casas de apostas na cidade e para seguir mostrando o sua desconformidade coa apertura dunha delas no noso barrio, este sábado organizarase unha xornada dirixida ó público miúdo, xogos cooperativos na rúa As Teixugueiras para nenos e nenas entre cinco e once anos.

Estas actividades inclúense dentro das accións que a Asociación está desenvolvendo xunto con outras organizacións para informar a cidadanía da problemática aparellada a estes establecementos.

DATA: Sábado 15 de xuño de 2019
HORA: 19:30h
LUGAR: Praza da Lagoa (As Teixugueiras, 18/20)