Navia terá biblioteca dun coste de 440.000 euros

Publicado por o día 19/10/2018 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

Navia terá biblioteca dun coste de 440.000 euros

O alcalde tamén informou de que a Xunta de Goberno aprobou o expediente de contratación das obras de acondicionamento de local como sala de lectura-biblioteca en Navia cun orzamento de 440.000 euros e un prazo de execución de 3 meses.

A licitación permitirá abrir un novo espazo cultural en Navia cunha superficie total construída de 852 m² e uns 200 postos de lectura habilitados.

“Esta gran biblioteca e sala de lectura de Navia súmase á de Neira Vilas, á que puxemos en marcha no Auditorio Mar de Vigo, á da Casa do Patín e á que proxectamos no vello ambulatorio de Teis, de forma multiplicáronse por cinco as bilibotecas desde que gobernamos”, sinalou Caballero