As redes berran: “Nazis do HSM, non sodes benvidos a Galiza!”

Publicado por o día 20/10/2017 na sección de Internet,Social

As redes berran: “Nazis do HSM, non sodes benvidos a Galiza!”

No día de onte nas redes sociais fíxose eco de que á organización Hogar Social Madrid publicaba nas súas contas das redes sociais, facebook e twitter, unha “campaña” de recadación de diñeiro para axudar ao pobo galego polos lumes que fixeron estragos no país nestes últimos días.

As redes sociais pronto reaccionaron, sobre todo desde partidarios de la izquierda e nacionalistas, onde circulou a imaxe da nosa cabeceira de perfil en perfil co lema, “Nazis do HSM, nos sodes benvidos”.

O pobo galego organizado e incluso profesionais e voluntarios dos servizos de extinción, rexeitaban nas súas contas das redes, un non rotundo a recibir axuda polo colectivo de extrema dereita a para moitos, de carácter fascista e neonazi.

Para os máis despistados, Hogar Social Madrid é unha organización que a maioría de cidadáns considerada ultra e que estaría reinventando á extrema dereita española, cun discurso centrado na acción social. As accións sociais que desenvolve dita organización para recibir unha axuda non basta con presentar o DNI que acredita que a túa nacionalidade española, senón que ademais hai que pasar unha entrevista persoal.

Hogar Social Madrid se dedica a difundir como así manifestan desde partidos de izquierdas e nacionalistas do país, un discurso fascista, xenófobo e de odio aos máis pobres, disfrazándoo de falsa solidariedade.

Nos comentarios en redes sociais como Twitter, pudimos ler comentarios como “non estamos dispostas a que a traxedia vivida polo noso pobo nos pasados días lle sirva a esta calaña como escusa para tan miserables fins” ou no Facebook, “Galiza é unha terra acolledora e fraternal, e quen sementa odio nas nosas rúas e agrede ás nosas irmás e irmáns pola súa etnia, pola súa situación socioeconómica ou polo seu compromiso antifascista, non é benvido na nosa terra”.

Por estes motivos citados, as redes reaccionaron e empezaron a recoller sinaturas para esixirlle a Hogar Social Madrid, “que non poñan un pé no noso país co fin de aproveitar a dor da nosa xente para sementar odio e división”.

A xente que quera contribuir coa sua sinatura nesta campaña, poden entrar nesta ligazón.