Neno atropelado

Publicado por o día 30/12/2018 na sección de Sucesos

Neno atropelado

Un neno resultou ferido esta tarde ao ser atropelado na Coruña, concretamente na rúa de Rafael Alberti, á altura do número 24.

O 112 Galicia tivo constancia do ocorrido a través do 061-Urxencias Sanitarias ao fío das 17:30 horas e, decontado, os xestores do 112 Galicia requiriron a intervención da Policía Local, dos Bombeiros da Coruña e de Protección Civil.