Nenos e nenas de 4º de primaria do CEIP Lope de Vega visitan a Delegación Territorial no marco do programa Coñece Vigo

As visitas de balde, que se prolongarán ata finais de decembro, contan con guías turísticas que ofrecen información ao detalle e inclúen autobús e catamarán
Publicado por o día 29/11/2019 na sección de Galicia,Vigo,Xunta de Galicia

Nenos e nenas de 4º de primaria do CEIP Lope de Vega visitan a Delegación Territorial no marco do programa Coñece Vigo

A delegada da Xunta en Vigo, Corina Porro, recibiu este xoves aos nenos e nenas de 4º de Primaria do CEIP Lope de Vega que visitaron a Delegación Territorial no marco do Coñece Vigo, o programa de visitas guiadas con nove rutas que afondan na historia, a cultura, a economía e o patrimonio cultural da cidade.

Tal e como destacou a representante do Goberno galego na cidade, o obxectivo da visita é acercar a Administración autonómica aos mozos e mozas da man do persoal funcionario para que coñezan os servizos que presta a Administración autonómica e de que maneira inflúen no seu día a día.

Deste modo, durante o percorrido os 57 alumnos e alumnas do Lope de Vega que hoxe participaron de Coñece a Túa Administración, unha das rutas do programa posto en marcha pola Xunta de Galicia, puideron coñecer as funcións que se desenvolven diariamente no edificio administrativo.

Así, se lles invitou a reflexionar sobre a finalidade dos impostos, claves para o mantemento dos servizos básicos como a sanidade ou a ensinanza e, entre outras actividades, asistiron a unha demostración do funcionamento da sede electrónica. Asemade, tiveron a oportunidade de deixar por escrito as súas peticións e suxestións á Administración autonómica.

Éxito do programa

Por outra banda, Corina Porro aproveitou a ocasión para insistir na grande aceptación que está a ter esta iniciativa, ideada polo Goberno galego en colaboración coa Autoridade Portuaria, por parte dos vigueses. Segundo dixo, en tan só dez días recibíronse 5.000 solicitudes e moitos dos itinerarios están xa completos. Ata o de agora, unhas 500 persoas participaron xa no programa.

En canto ás rutas que están xerando maior expectación, a representante autonómica citou as de Coñece o Teu Porto e Coñece os Nomes de Vigo, ambas moi solicitadas polos centros educativos e asociacións da cidade.

A programación inclúe así nove rutas, guiadas e de balde, pensadas para os vigueses aínda que abertas a toda a sociedade, especialmente ás asociacións, colectivos sociais e centros educativos. Xiran entorno ás orixes de Vigo, os homes e mulleres que fixeron onte o Vigo que é hoxe e os espazos a través dos que entender a identidade viguesa, entre outras.

En todas os cuestionarios de satisfacción a resposta do público e moi satisfactoria, con notas moi altas. A programación está a disposición dos cidadáns na páxina web de turismo.gal.

Comentar noticia

Your email address will not be published.