Para neve artificial si, para máis recursos sanitarios non

A Consellería de Sanidade paga un camión de neve artificial para que os fillos dos seus traballadores, e “tamén” o público en xeral, pudieran desfrutar da neve en Vigo
Publicado por o día 07/01/2017 na sección de CIG,Plataforma SOS Meixoeiro,Protestas,Sanidad,Sindicatos,Social,Vigo

Para neve artificial si, para máis recursos sanitarios non


Fai catro días noticiasvigo informaba que a finais da semana pasada os profesionais e as profesionais da área sanitaria de Vigo recibiron un correo electrónico no que rezaba:

Asunto: Camión de neve no CHUVI

A xerencia de EOXI promove unha activade lúdica para os fillos dos traballadores. Haberá un camión de neve para que os nenos xoguen con ela.
No Hospital Meixoeiro mañá dia 3 de xaneiro, a partir das 16 horas: A neve se esparcerase na explanada do aparcadoiro próximo á entrada de Galaria.
No Hospital Álvaro Cunqueiro, o mércores dia 4 de xaneiro, a partir das 16horas: A neve se esparcerase na explanada da entrada principal do Hospital.
Recoméndase traer calzado apropiado para a auga, así como unha muda de calcetíns e guantes.

Este correo foi difundido polas redes sociais facéndo dito correo trendy os días 2 e 3 de xaneiro.

Sen embargo, nas redes sociais oficiais do Hospital Álvaro Cunqueiro explícase que era tamén “unha actividad do hospital aberta á cidadanía” e animábase a doar produtos para o Banco de Alimentos a todos os que acudiran.

A CRTVG indica que o camión era para os fillos dos asalariados do SERGAS e que “A actividade estaba aberta tamén ao resto dos cidadáns que quixesen acudir”.

Protestas e críticas

A instalación do camión destaou a polémica en Vigo.  Ademais de comentarios a favor e encontra nas redes sociais, membros plataforma sociosanitaria SOS Meixoeiro presentáronse no camión de neve para denunciar que hai anos que levan reclamando máis recursos para a sanidade pública, como a reapertura das camas pechadas no Meixoeiro, mentres o SERGAS gasta o diñeiro público en actividades lúdicas.

A CIG saúde tamén atacou esta iniciativa. “Pensabamos que era unha inocentada, pero non, toda unha realidade. O ridículo foi palpable na primeira sesión no Meixoeiro, un puñado de “neve” esparcido polo chan ante a presenza do xerente Félix Rubial. A hora, de tan gran evento, foi as 4 da tarde, hora moi propicia para as nenas e nenos…”, criticou a central nacionalista.

Fotografías das protestas desta semana

Hospital Meixoeiro día 3 de xaneiro

Hospital Álvaro Cunqueiro 4 de xaneiro