Nidia Arévalo, anfitrioa dun xantar con Mariano Rajoy que reúne en Mos a 1.000 persoas

Por o 13/04/2019 | Sección: Galicia,Mos,Partido Popular,Política
Nidia Arévalo, anfitrioa dun xantar con Mariano Rajoy que reúne en Mos a 1.000 persoas

Nidia Arévalo, alcaldesa de Mos e candidata á alcaldía ás eleccións municipais polo Partido Popular, foi hoxe a anfitrioa dun xantar con Mariano Rajoy e Ana Pastor que reuniu en Mos a 1.000 simpatizantes das comarcas da Louriña e Baixo Miño. De feito, ademais de Nidia Arévalo, asistiron todos os candidatos e candidatas do partido ás alcaldías nestas comarcas: Alejandro Lorenzo, por Porriño; Santiago Rodríguez, por Salceda; Roberto Carrero, por A Guarda; José Ángel Fernández, por Tui; Esteban González, por Tomiño; María del Carmen Alonso, polo Rosal e Cristina Correa, por Oia.

Durante a súa intervención, Arévalo agradeceu o apoio constante de Rajoy co seu municipio, lembrando que hoxe era a terceira vez en que visitaba Mos (en 2003, como ministro do Interior e, en 2016, como presidente do Goberno) e engadiu que “Mariano Rajoy é un home de partido, galego traballador, serio e eficiente ao que Mos lle debe moito. Foi él o que buscou a solución para o principal problema de Mos, acadando financiación para o túnel alternativo á A-55, aínda que logo Pedro Sánchez eliminara este proxecto dun plumazo cando chegou ó goberno”.

Arévalo, que agradeceu tamén o apoio de Ana Pastor e de Alfonso Rueda, presentes no xantar, falou tamén da forza e ilusión coa que se presenta á alcaldía de Mos para revalidar a confianza de todos os mosenses. Coa defensa de Mos por riba de todo como bandeira, a candidata do Partido Popular referiuse ao traballo desenvolvido nestes anos á fronte do municipio. Arévalo fixo un resumo da transformación de Mos nestes anos en diferentes ámbitos: “son xa millóns de euros investidos con sentido común, anos de busca de axuda para Mos nas institucións provinciais, autonómicas e estatais; quilómetros de estradas e de saneamento desenvolvido en todo o concello; decenas de dotacións para o benestar social de todos e todas (escolas, pavillóns, Multiusos, parques…); obras de mellora nos puntos clave dos accesos e un gran pulo na economía das empresas do Polígono da Veigadaña conseguindo xerar emprego para os mosenses”.

Nidia Arévalo fixo referencia tamén ao lema da comida “Xuntos somos máis” e dixo “hoxe estamos aquí para deixar claro que somos fortes, que formamos parte de algo importante, grande, que se constrúe persoa a persoa” e despediuse falando do Partido Popular como o valor seguro “por tradición, por experiencia, por capacidade, por equipo e por unidade”.

Fotos do evento

Comentar noticia

Your email address will not be published.