Nidia Arévalo e Ana Pastor enchen o Multiusos das Pozas en Mos

Nidia Arévalo, alcaldesa de Mos e candidata á alcaldía ás eleccións municipais polo Partido Popular de Mos, estivo hoxe acompañada por Ana Pastor, nun encontro celebrado no Multiuosos das Pozas. O evento contou coa presencia de centos de simpatizantes (unhas 700 persoas) que abarrotaron o auditorio.
Publicado por o día 06/04/2019 na sección de Galicia,Mos,Partido Popular,Política

Nidia Arévalo e Ana Pastor enchen o Multiusos das Pozas en Mos

Nidia Arévalo, alcaldesa de Mos e candidata á alcaldía ás eleccións municipais polo Partido Popular de Mos, estivo hoxe acompañada por Ana Pastor, nun encontro celebrado no Multiuosos das Pozas. O evento contou coa presencia de centos de simpatizantes (unhas 700 persoas) que abarrotaron o auditorio.

O acto arrancou ás 18.00 horas coa benvida aos asistentes por parte de Camilo Augusto, presidente do Comité Local dos populares mosenses. E a intervención de Leo Costas Alonso, o mosense integrante da candidatura ao Congreso por Pontevedra, que encabeza Ana Pastor, para as eleccións do vindeiro 28 de abril. Costas foi seguido polo discurso de Ana Pastor, candidata ao Congreso dos Deputados por Pontevedra. O acto pechou coa intervención da candidata á alcaldía de Mos polo Partido Popular, Nidia Arévalo.

Arévalo, que abriu a súa intervención dicindo que “hoxe é o corazón o que fala xa que é un día cheo de ilusión”, agradeceu en primeiro lugar, o apoio incondicional  tanto de Ana Pastor “por darlle a Mos o valor que ten e por estar sempre dispostos a escoitarnos e axudarnos”. Tamén salientou o gran labor e dedicación do seu equipo nestes anos e sobre todo o cariño, apoio e confianza dos veciños de Mos aos que lles dixo “espero ter estado á altura, o certo é que entreguei e entrego cada día o mellor de min na defensa de Mos”.

A candidata fixo tamén un repaso polo avanzado en Mos nestes últimos catro anos da súa lexislatura. Explicou, como Mos, neste tempo, deu un paso xigante cara á conciliación, coa creación de novas escolas infantís, e a mellora de varios colexios, como os de Pena de Francia, Atín e Sanguiñeda. Referiuse tamén ás seis grandes novas humanizacións feitas no muncipio nas que se investiron de 2,6 millóns de euros, a máis importante delas, a do nó de Sanguiñeda, entre As Angustias e Costilleta. No eido económico, resaltou que hoxe en día Mos é o cuarto municipio industrial da provincia de Pontevedra e que no polígono de Veigadaña traballan 850 persoas. Subliñou que o gasto anual en programas para o fomento do emprego alcanzou os 1,5 millóns e tamén fixo referencia á partida en gasto social como a máis elevada da súa xestión no goberno que deu resposta a 3.000 persoas ao ano. Tamén fixo referencia ao seu compromiso coas mulleres e á creación do Centro de Información á Muller.  Nas áreas de deporte e natureza referiuse á ampliación do Parque da Auga de Sanguiñeda e ó novo que se fixo na Pesqueira; a ampliación do paseo de Louro ou a mellora integral do Pavillón Soledad Castro. En cultura, lembrou o compromiso do seu goberno en apoiar as músicas tradicionais e aos artistas e creadores locais.

En definitiva, tal e como dixo Nidia Arévalo, “preséntome a estas eleccións avalada polos feitos, cos deberes cumpridos é con forza e ilusión”. ”Mos ten que seguir sendo a máquina do tren, o mellor Concello da Área metropolitana porque o temos todo para crecer. Eu seguirei defendendo Mos por riba de todo”.

Durante o encontro, Nidia Arévalo presentou a súa imaxe de campaña #NidiaconMos, na que o eixo central está na M de topónimo, en tonos azuis, e o lema que empregará ata que empece a campaña: “Mos por riba de todo”. No escenario do Multiusos das Pozas integrouse tamén a bancada parladoiro ‘Falamos?’ que con esta mesma imaxe percorre desde o pasado 2 de abril as parroquias de Mos e na que a candidata escoita e fala cos veciños.

Tamén durante o evento, estreouse o vídeo de precampaña no que Nidia Arévalo fai un repaso dos últimos catro anos do seu goberno municipal. O vídeo divídese en cinco grandes bloques: infancia e xuventude, humanizacións e obras, economía e industria, integración e muller e deporte, medio ambiente e cultura. 

Momentos en Fotos