Nidia Arévalo reúne a altos cargos do goberno galego para que contribúan no seu programa electoral

Publicado por o día 26/03/2019 na sección de Galicia,Mos,Partido Popular,Política

Nidia Arévalo reúne a altos cargos do goberno galego para que contribúan no seu programa electoral

A alcaldesa de Mos e candidata á Alcaldía ás eleccións municipais polo Partido Popular de Mos, Nidia Arévalo, e o presidente do Comité Local dos populares mosenses, Camilo Augusto, reuniron onte na Axencia de Colocación de Mos a membros do goberno galego, algún deles altos cargos tamén do Partido Popular de Galicia e Pontevedra, para participar e enriquecer coas súas propostas o programa electoral que rexirá Mos durante os próximos catro anos.

Á reunión de traballo asistiron a secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, que tamén é Coordinadora de Igualdade no PPdeG; a directora da Axencia de Turismo de Galicia, Nava Castro, que tamén é Coordinadora de Política Económica e Emprego no Partido Popular de Pontevedra; o Subdirector de Relacións  cos Grupos de Desenvolvemento Rural de AGADER,
Javier Blanco ; a xefa territorial de Política Social,  Marta Iglesias, e o xerente da Axencia Galega de Emerxencias, Marcos Araújo, así como a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo; o presidente dos populares de Mos, Camilo Augusto, e membros do Comité Local do PP de Mos que forman parte dos equipos redactores do programa electoral.

No encontro, os coordinadores dos catro equipos de redacción do programa electoral (divididos segundo área de acción) presentaron un informe preliminar e este foi debatido e enriquecido coas aportacións dos especialistas presentes. Así, e sempre coa vista posta nas accións levadas a cabo xa nesta lexislatura pero, sobre todo, no deseño do Mos para os  vindeiros catro anos, os presentes aportaron propostas en materia de igualdade, familia, dependencia, inclusión, turismo, seguridade, xuventude, deporte, cultura, educación, emprego, seguridade, transporte e, por suposto, urbanismo e mellora do medioambiente.

Nidia Arévalo, que abriu o encontro agradecendo a presencia de todos os presentes, mostrouse moi ilusionada por como esta a resultar o programa e asegurou que “será un documento que xurde dun plantexamento serio e rigoroso, froito de dous piares fundamentais: primeiro, do profundo coñecemento que teñen de Mos e do que Mos necesita tras todo o traballo desenvolto nestes últimos anos e, segundo, do importante labor desenvolvido de escoitar aos veciños de Mos, ao seu tecido asociativo, á súa industria, ós seus xóvenes e aos seus maiores”.  “Temos cumplido cos mosenses, estou moi satisfeita co traballo desenvolvido, pero sei tamén que quedan cousas por facer e neste documento darémolas a coñecer; estou satisfeita do que lle imos a propoñer aos nosos veciños para que revaliden a súa confianza en nós”.

 

Comentar noticia

Your email address will not be published.