Nidia Arévalo será novamente a candidata ás eleccións 2019 polo Partido Popular de Mos

O Partido Popular de Mos celebrou onte en Sanguiñeda a súa tradicional xuntanza anual de verán, na que participaron un total de 800 persoas que foron testemuñas da presentación da actual alcaldesa mosense, Nidia Arévalo, como candidata para as Eleccións Municipais de maio de 2019.
Publicado por o día 02/09/2018 na sección de Galicia,Mos,Partido Popular,Política

Nidia Arévalo será novamente a candidata ás eleccións 2019 polo Partido Popular de Mos

Así o anunciaron durante a xuntanza o vicepresidente da Xunta de Galicia e presidente provincial do Partido Popular, Alfonso Rueda, e o Secretario Xeral do PP de Galicia, Miguel Tellado.

Arévalo cumplirá, no presente 2018, 10 anos á fronte da Alcaldía de Mos demostrando a diario o seu traballo incansable por este municipio. E é que dende que é alcaldesa, o Concello de Mos pasou de ser o vagón de cola da Área Metropolitana, a converterse na máquina do tren. Este cambio de 180 graos foi posible co aval de 10 anos de traballo nos que se acadaron proxectos de tanta envergadura como a entrada en vigor do PXOM, o asentamento en Mos de grandes empresas, o Parque Empresarial Mos-Veigadaña, 2 novas escolas infantís, 6 grandes obras de humanización, 11 novas áreas de lecer e 5 máis en marcha, un Centro de Día, un CIM, unha Axencia de Colocación, o Paseo do Louro, a Piscina ao Aire Libre de San Eleuterio e un longo etcétera de accións que respaldan a xestión da actual rexedora local mosense.

Nidia Arévalo declaraba onte durante a xuntanza en Sanguiñeda que “hoxe síntome honrada de poder ser de novo candidata á Alcaldía de Mos e agradezo o apoio e traballo dos meus compañeiros concelleiros e concelleiras, así como de todo o equipo dos Populares de Mos e Novas Xeracións, que desinteresadamente fan posible que sexamos o primeiro partido de Mos, e que sexamos o partido que está ao carón das persoas. Somos un equipo que coñece aos seus veciños e que está ao seu lado”. “Por iso”, sentenciou a rexedora local, “que ninguén tente transformar a miña imaxe porque todo o mundo en Mos sabe como son”.

“Preséntome con máis ilusión que nunca, con máis forza que nunca e con máis vontade e capacidade de traballo que nunca. A miña entrega é absoluta e non escatimo nin escatimarei un só minuto de traballo en favor dos e das mosenses, nin deixarei de pelexar un só euro en proxectos de interese para o noso municipio”, insistiu.

Arévalo deu tamén “as grazas a todos e todas os veciños e que hoxe me arroupastes neste día tan importante” e agredeceulle moi especialmente ao presidente provincial do Partido Popular o seu apoio, “grazas Alfonso por confiar en min”.

Alfonso Rueda declarou que “xuntanzas coma esta representan a esencia, a forza e a vitalidade do PP, porque a nosa fortaleza non reside nos grandes líderes nin nos actos espectaculares, senón en todos os afiliados, que coma vós, nos acompañades e apoiades cada día. En Nida Arévalo tedes e temos un valor en alza, contrastado e consolidado. Fronte a políticas do postureo, ás ocurrencias sen sentido de uns e as campañas de imaxe e propaganda de outros, está o outro xeito de gobernar que coñecedes ben aquí en Mos, un xeito que pasa por saber xestionar os recursos cos que se conta e achegar os máximos posibles desterrando as políticas de predicar por outras encamiñadas a dar solucións concretas a problemas concretos”.

Pola súa banda durante a súa intervención, o Secretario Xeral do PPdeG, Miguel Tellado lembrou que “o Partido Popular é a única garantía de estabilidade política, de crecemento económico, de xestión responsable dos servizos públicos, do mantemento do noso sistema de pensións ou de defensa da unidade do noso país”. No mesmo sentido, apuntou que é esta organización a que consegue que Galicia medre máis e cree máis emprego cá media española.

Así, o número dous do PPdeG erixiu á formación en “única alternativa viable” aos partidos da esquerda. Neste sentido, afeoulle aos socialistas que “din unha cousa na oposición e fan a contraria no goberno” e ao BNG que “copia o modelo de confrontación social dos independentistas cataláns”.