Nigrán abre o prazo para presentar candidaturas á súa primeira Gala do Deporte

Por o 05/03/2019 | Sección: Galicia,Nigrán
Nigrán abre o prazo para presentar candidaturas á súa primeira Gala do Deporte
Compartir en:

O Concello de Nigrán organiza o 20 de abril a súa primeira Gala do Deporte, estando aberto ata o 15 de marzo o prazo para presentar candidaturas ás distintas categorías establecidas nas propias bases (que prestan especial atención ao deporte inclusivo). O obxectivo do Concello é premiar aos clubs ou entidades deportivas do municipio e deportistas individuais polos éxitos obtidos, así coma tamén pola súa traxectoria. “Recoñecer o traballo, constancia e esforzo que realizan para acadar os seus obxectivos é moi importante, esta gala quere imprimir neles unha dose extra de motivación e incentivar entre a veciñanza, e nos máis pequenos en particular, a práctica de deporte”, explica o alcalde, Juan González.

Poden presentarse aos premios os deportistas pertencentes aos clubs ou entidades deportivas legalmente constituídos e inscritos no Rexistro de Entidades Asociativas Deportivas como Club Deportivo e os deportistas individuais empadroados no municipio con logros deportivos. As candidaturas poden ser presentadas por calquera entidade deportiva, club, asociación ou deportista individual (en sobre pechado por Rexistro) así coma a proposta do xurado. As categorías son:

  • PREMIO AO MELLOR DEPORTISTA REVELACIÓN MASCULINO
  • PREMIO Á MELLOR DEPORTISTA REVELACIÓN FEMININA
  • PREMIO AO MELLOR DEPORTISTA MASCULINO
  • PREMIO Á MELLOR DEPORTISTA FEMININA
  • PREMIO AO MELLOR DEPORTISTA DE DEPORTE INCLUSIVO MASCULINO
  • PREMIO Á MELLOR DEPORTISTA DE DEPORTE INCLUSIVO FEMININA
  • PREMIO AO MELLOR CLUB OU ENTIDADE DEPORTIVA
  • PREMIO AO MELLOR CLUB DE DEPORTE INCLUSIVO
  • PREMIO AO PATROCINIO E COLABORACIÓN CO DEPORTE
  • PREMIO Á TRAXECTORIA DEPORTIVA
  • PREMIO AO MELLOR EVENTO DO ANO
  • PREMIOS AOS VALORES DEPORTIVOS (MENCIÓNS ESPECIAIS)

Comentar noticia

Your email address will not be published.