Nigrán abre o prazo para solicitar o servizo municipal gratuíto ‘CANGUROS’ de atención a menores

Está dirixido a familias en situación de risco ou exclusión social co fin de facilitarlles a conciliación nos campos laboral, familiar ou persoal
Publicado por o día 11/04/2019 na sección de Galicia,Nigrán

Nigrán abre o prazo para solicitar o servizo municipal gratuíto ‘CANGUROS’ de atención a menores

O Concello de Nigrán, a través da súa publicación onte no BOP, abre o prazo ata fin de ano para solicitar o servizo municipal de canguros destinado a familias en risco ou exclusión social. O Programa municipal de Canguros busca ofrecer a estas familias a posibilidade de contar cun tempo determinado para realizar actividades de tipo laboral, formativo, sanitario e social, a través do uso dun servizo gratuíto de canguros.

O servizo é, por tanto, unha resposta programada dende os Servizos Sociais que garante a atención adecuada ás necesidades dos usuarios.Poderán ser beneficiarias as unidades familiares responsables de menores a cargo de entre 4 meses e 14 anos (podendo alcanzar como máximo ata os 18 anos en casos debidamente xustificados) que teñan necesidades obxectivables de conciliación dos campos laboral, familiar e persoal, e teñan dificultades para acceder a outros recursos normalizados. As axudas deste programa se entender como o conxunto de accións vinculadas ao cuidado e atencións dos menores no seu propio domicilio, ou fora do mesmo, sempre que o servizo así o requira, realización de acompañamentos (traslado ao colexio, a una actividade extraescolar ou de ocio, a centro sanitario, etc), así como atención durante a realización dalgunha actividade fora do fogar .

“Hai moita xente con dificultade económica que aínda por riba ten problemas á hora de buscar un traballo ou de formarse porque non se pode permitir pagar un servizo privado para o coidado dos fillos, é a esa xente a quen queremos chegar para que teña as mesmas oportunidades; queremos un Nigrán para todos e con este obxectivo promovemos o Programa Municipal de Canguros”, explica Juan González, alcalde de Nigrán.