Nigrán acolle o I Foro sobre os Dereitos das persoas con diversidade funcional

Por o 10/01/2019 | Sección: Galicia,Nigrán
Nigrán acolle o I Foro sobre os Dereitos das persoas con diversidade funcional
Compartir en:

O Concello de Nigrán ofrece este venres 11 de xaneiro dende as 18:00 horas no Auditorio Municipal o “I Foro sobre os Dereitos das persoas con diversidade funcional”, xornada que se enmarca no programa “Un Nigrán para todos”. Deste xeito, expertos en todos os campos da integración e da accesibilidade analizarán polo miúdo, e entre outros aspectos, a aprobación polo Congreso e o Senado o pasado mes de decembro da modificación da Lei Orgánica do Réxime Electoral Xeral (LOREG) que garantirá o dereito de sufraxio das persoas con discapacidade (na práctica supón que máis de 100.000 persoas en toda España con discapacidade recuperan seu dereito ao voto).

O foro está organizado polo Concello de Nigrán, ACEESCA, San Xerome Emiliani, Fundación Menela, OIRESP, Colexio Juan María e Fundación Tutelar Galega Sálvora. Nel participarán expertos en dereito, urbanismo, accesibilidade e persoas que poderán en maio de 2019 exercer por primeira vez na súa vida o dereito de sufraxio.

“Dende o Concello de Nigrán queremos divulgar esta modificación da Lei que permitirá a todas estas persoas participar na vida pública en pé de igualdade cos demais votando por primeira vez nas próximas eleccións municipais e europeas. Esta xornada é un paso máis cara ese “Nigrán para todos” que nos expoñemos como obxectivo de goberno dende que chegamos”, explica Juan González, alcalde de Nigrán.

Comentar noticia

Your email address will not be published.