Nigrán adhírese a un proxecto para promover o turismo de persoas con diversidade funcional

Publicado por o día 08/02/2018 na sección de Galicia,Nigrán

Nigrán adhírese a un proxecto para promover o turismo de persoas con diversidade funcional

O alcalde de Nigrán, Juan González, ven de asinar a  adhesión do Concello ao proxecto europeo ‘Saber Universal’, destinado a promover o turismo de persoas con diversidade funcional, especialmente orientado ás rutas de peregrinación (neste caso ao ‘Camiño Portugués pola Costa’). Os documentos ‘Carta de Accesibilidade’ e ‘Plan de Acción’ recollen os seus principios fundamentais, que no principal coinciden cos de ‘Un Nigrán para todos’, o proxecto do goberno municipal para eliminar as barreiras físicas e sensoriais no municipio.

“É un proxecto exactamente na mesma liña que ‘Un Nigrán para todos’, polo que o asinamos con total convicción”, sinala o alcalde, Juan González.

Así, entre os obxectivos están a mellora das habilidades, sensibilización e preparación dos operadores turísticos implicados, aumentar a súa competitividade e estimular a a creación de novos servizos, ou promover o produto turístico como unha experiencia destinada a tódolos públicos. Da aplicación destas medidas agárdanse resultados como: un itinerario persoal accesible e continuo en todo o Camiño; sinalización uniforme tamén nas instalacións e servizos adheridos; accesibilidade universal (física e sensorial) nos vehículos de transporte público e nas instalacións.

“Trátase dun proxecto exactamente na mesma liña que ‘Un Nigrán para todos’, polo que o asinamos con total convicción”, sinala o alcalde, Juan González.