Nigrán adica o sábado á micoloxía cun obradoiro de cultivo de cogomelos

Os interesados poden apuntarse dende mañá día 3 e ata o venres 10 na Oficina de Información Cidadá do Concello de 9:00 a 14:00 horas. Teñen preferencia os empadroados.
Publicado por o día 02/11/2017 na sección de Galicia,Nigrán

O Concello de Nigrán arranca o mes de novembro coa xa tradicional xornada adicada á micoloxía. Así, o sábado 11 haberá no Auditorio Municipal un obradoiro de cultivo de cogomelos para o que é preciso apuntarse dende hoxe mesmo e ata o venres 10 na Oficina de Información Cidadá do Concello de 9:00 a 14:00 horas, as prazas se cubrirán por rigoroso orde de inscrición tendo sempre prioridade os empadroados no municipio. Trátase dunha actividade gratuíta organizada dende o Concello.

O obradoiro de cultivo será impartido por Manuel Domínguez Rey, educador e intérprete ambiental con gran experiencia neste eido. Os asistentes recibirán semente para o cultivo, sustrato, recipientes e demais material complementario para poder levar a cabo o obradoiro.