Nigrán adxudica por 103.000 € as obras para zanxar os verquidos de augas pluviais aos colectores de residuais paralelos ao río Muíños

En momentos de gran pluviosidade prodúcese o desbordamento das arquetas no tramo final do río. O proxecto inclúe instalación de aliviadoiros, reparación de pozos de rexistro ou acondicionamento paisaxístico dos mesmos
Publicado por o día 28/03/2019 na sección de Galicia,Nigrán

Nigrán adxudica por 103.000 € as obras para zanxar os verquidos de augas pluviais aos colectores de residuais paralelos ao río Muíños

O Concello de Nigrán ven de adxudicar a Sodein Soluciones Integrales por 103.000 € os traballos para reducir os verquidos de pluviais aos colectores de residuais que discorren paralelos ao río Muíños, xa que nos momentos de moita choiva prodúcese o desbordamento das arquetas no tramo final do río. As obras teñen un prazo de execución de dous meses e se prevé que se inicien nas vindeiras semanas. Paralelamente, estanse a executar por 510.000 euros os traballos de bioenxeñería para acondicionar as marxes do río ante a gran degradación que sufre como consecuencia da presión urbanística e que afecta tamén directamente á conservación do sistema dunar de Praia América. En total, ambos traballos, a cargo do arquitecto Ángel Santorio, suman un investimento de 613.000 e teñen como obxectivo devolver ao río Muíños ao seu estado natural.

O actual proxecto busca, en definitiva, executar medidas para a reducción de verquidos de augas pluviais en redes unitarias, con intervencións encamiñadas a reducir as incorporacións de augas naturais aos colectores de residuais, minimizando o volume e frecuencia dos mesmos nos momentos de choiva abundante. Esto evitará que desborden as arquetas no tramo final e que a depuradora non reciba un caudal de auga excesivo para o seu correcto tratamento. Así, os traballos inclúen a clausura ou reparación de determinados pozos, instalación de aliviadoiros e acondicionamento paisaxístico na contorna dos que producen maior impacto visual.