Nigrán aumenta a desinfección de mobiliario urbano e inclúe accesos a establecementos comerciais

Publicado por o día 24/03/2020 na sección de Galicia,Nigrán,Sanidad

Nigrán aumenta a desinfección de mobiliario urbano e inclúe accesos a establecementos comerciais

O Concello de Nigrán, a través da concesionaria de limpeza Cespa, deu ordes desde inicios da semana pasada de aumentar a desinfección periódica de todos os contenedores de lixo e reciclaxe, asi como do mobiliario urbano do municipio, con especial atención ás marquesinas e bancos onde as persoas agardan ao autobús. Esta semana, tamén a requerimento do Concello, iniciaron paralelamente a desifencción periódica de acceso a supermercados, froiterías, panaderías, farmacias e centros de saúde.

“Todas as zonas consideradas sensibles, que son aquelas nas que se concentra xente, recibirán unha desifencción peródica co fin de evitar calquera posible propagación do virus. Nunha situación como a que estamos a vivir todas estas medidas son especialmente importantes”, sinala Juan González, alcalde de Nigrán .

Comentar noticia

Your email address will not be published.