O Nigrán C.F. vence ao Racing Vilariño na tanda de penaltis no “XI Torneo Concello de Nigrán

Aínda que na primeira parte o Nigrán C.F. ía gañando por 3-0, o Vilariño conseguiu empatar na segunda metade, levándose o trofeo finalmente o Nigrán na rolda de penaltis.
Publicado por o día 21/08/2017 na sección de Deportes,Fútbol,Galicia,Nigrán

O Nigrán C.F. vence ao Racing Vilariño na tanda de penaltis no “XI Torneo Concello de Nigrán

O Nigrán F.C. levouse este ano o “XI Torneo Concello de Nigrán”na rolda de penaltis. O derbi desputado no Campo Municipal de Condomínguez arrancou cunha primeira metade no que o Nigrán C.F. (en Segunda Rexional) ía gañando por 3-0, mentras que na segunda parte o Racing Vilariño (recén ascendido a Primeira Rexional) conseguiu empatar.

Finalmente, o Nigrán F.C. gañou na rolda de penaltis por un tanto de diferencia. Trátase dos dous equipos afeccionados en máxima categoría do municipio.

Este “XI Torneo Concello de Nigrán” foi recuperado polo actual goberno local en 2015 tras máis de catro anos sen celebrarse, dende entón o Vilariño gañou os dous primeiros partidos e nesta ocasión venceu o Nigrán na súa casa, o próximo ano o derbi desputarase no campo municipal de San Pedro. “É un orgullo para Nigrán ter dous clubes representando ao municipio nesas categorías e queremos potenciar esa relación entre equipos, que xa de por si é boa, cun torneo que dende a súa orixe une ás dúas afeccións nun ambiente festivo”, explica Juan González, alcalde do municipio.

O Racing Vilariño naceu en 1962 da man de Jorge Souto, veciño de Vilariño e o seu primeiro presidente. Pouco a pouco foi medrando ata contar actualmente con equipos dende a categoría babies (3 anos) ata senior afeccionado, formación que disputa o torneo. O clube presidido por Casto Moreda está formado por preto de 200 xogadores de tódalas idades e 700 socios. Pola súa banda, o Nigrán C.F. xurdiu hai máis de 15 anos tras fusionarse o Dunas e o Priegue. Nos seus 12 primeiros anos ascendeu vertixinosamente de Terceira Rexional a Preferente e actualmente está en Segunda Rexional. Só conta co equipo de afeccionados senior tras acordar unha fusión de tódalas categorías base coa E.D.Val Miñor.