Nigrán Decide presentou alegacións aos proxectos de sendas peonís en Priegue e a Ramallosa

O grupo municipal de Nigrán Decide solicita que, aproveitando as obras, se acometa o saneamento desas zonas, se coloquen luminarias LED e se dote na marxe dereita dunha beirarrúa practicable desde A Ramallosa até o Centro de Saúde
Publicado por o día 12/01/2017 na sección de Política,Vigo

Nigrán Decide presentou alegacións aos proxectos de sendas peonís en Priegue e a Ramallosa

O grupo municipal de Nigrán Decide solicita que, aproveitando as obras, se acometa o saneamento desas zonas, se coloquen luminarias LED e se dote na marxe dereita dunha beirarrúa practicable desde A Ramallosa até o Centro de Saúde.

O grupo municipal de NIGRÁN DECIDE presentou ante a Xunta de Galicia sendas alegacións aos proxecto de itinerarios peonís e ciclistas na PO-340 entre Gondomar e A Ramallosa e ao de Priegue na PO-552, durante o período de exposición pública, que finalizou o pasado 3 de xaneiro de 2017, tanto para os particulares como para os organismos públicos.

Con relación a este último solicitou que se inclúa no proxecto a construción da rede de saneamento entre o límite do termo municipal de Nigrán con Vigo, até a súa conexión coa rede de saneamento do Concello de Nigrán, xa que nesta zona non está completa a rede de saneamento.

Ao proxecto entre Gondomar e A Ramalllosa solicitouse a inclusión no proxecto da urbanización con novas beirarrúas ou senda peonil e a reparación das beirarrúas da marxe dereita da estrada até o Centro de Saúde do Val Miñor desde o núcleo de A Ramallosa, para que dito traxecto sexa practicable. Tamén solicitou que, aproveitando as obras na marxe esquerda da PO-340, se repare ou dote de saneamento a dita marxe da estrada e, dado que pola execución das obras vanse ver afectadas as instalacións de alumeado público de dita estrada, se doten de alumeado LED ditas instalacións.