Nigrán dota de desfibriladores a tódolos postos de socorrismo das súas praias

Patos, Praia América e Panxón dispoñen por vez primeira dun Desfibrilador Externo Semiautomático para actuar en caso de parada cardiaca.
Publicado por o día 12/08/2018 na sección de Galicia,Nigrán,Salud

Nigrán dota de desfibriladores a tódolos postos de socorrismo das súas praias

O Concello de Nigrán ven de dotar de desfibriladores externos semiautomáticos (DESA) a tódolos postos de socorrismo das súas praias, en total trátase de catro aparatos eléctricos portátiles situados en Praia América (2), Panxón (1) e Patos (1) e ao que se suma o que xa dispón Protección Civil no seu vehículo. Deste xeito, os principais areais do municipio e os que maior aglomeración de xente concentran, agora son tamén lugares cardioprotexidos.

“Aínda que a medida non é obrigatoria, dende o Concello de Nigrán a consideramos crucial porque en caso de infarto o rápido acceso ao desfibrilador pode ser a diferencia entre vivir ou non”, destaca Rubén Rial, edil de Seguridade Cidadá, quen sinala que, precisamente, en tódolos postos de socorrismo de Nigrán hai persoal especialmente formado para poder empregar o DESA. Estos catro aparatos alugados polo Concello de Nigrán para a tempada de verán emiten a descarga e guían durante toda a reanimación indicando se a velocidade e profundidade das compresións son as adecuadas.

O DESA é moi eficaz para a maior parte dos chamados paros cardíacos, que en gran porcentaxe son debidos a que o corazón fibrila e o seu ritmo non é o axeitando, logrando estes equipos restablecelo. A súa efectividade é máxima no momento inicial, polo que é especialmente recomendable dispor de desfibriladores en lugares moi concurridos, como é o caso das praias, onde tódolos veráns se produce algún episodio de infarto (sendo incluso máis común que o afogamento).