Nigrán e Aqualia entregan a un alumno do CEIP da Cruz o premio como finalista internacional do concurso dixital ‘INVESTIGADORES DA AUGA’

O traballo de Oliver Mariuzza resultou elexido entre centos de escolares de 3º e 4º de Primaria de toda a Península
Publicado por o día 08/11/2019 na sección de Galicia,Nigrán

Nigrán e Aqualia entregan a un alumno do CEIP da Cruz o premio como finalista internacional do concurso dixital ‘INVESTIGADORES DA AUGA’

O alcalde de Nigrán, Juan González, e a xefa de Servizo de Aqualia en Nigrán, Marián Lago, fixeron entrega esta mañá do premio como finalista internacional de debuxo dixital infantil ‘Investigadores da auga’ a Oliver Mariuzza Pazos, alumno de 5º de Primaria do CEIP da Cruz (Camos). O rapaz recibiu un smartwatch e unha mochila grazas ao seu traballo ‘Investigación de los criminales del agua’.

Nesta edición do pasado curso 2018/2019, mantendo a aposta por potenciar a creatividade dos máis pequenos e pequenas, e intensificando aínda máis a súa función didáctica, Aqualia convidou aos escolares de 3º e 4º de Primaria de España e Portugal a converterse en investigadores, pescudar de onde vén a auga que consumen cada día e onde vai despois de utilizala. A través do microsite www.investigadoresdaauga.gal facilitou a participación e o acceso libre do profesorado e do alumno á zona de desenvolvemento creativo e a sección ‘Aprende’, dotada de materiais educativos cos que ampliar o seu coñecemento.

Debuxo de Oliver Mariuzza

Comentar noticia

Your email address will not be published.