Nigrán fixa ata o 18 de agosto o prazo para solicitar axudas á compra de libros e material escolar

Están dirixidas a alumnos de Educación Infantil de colexios públicos de Nigrán e empadroados no municipio, podendo obter unha contía máxima de 65 euros/neno.
Publicado por o día 26/07/2017 na sección de Educación,Galicia,Nigrán

Nigrán fixa ata o 18 de agosto o prazo para solicitar axudas á compra de libros e material escolar

O Concello de Nigrán abre finalmente ata o 18 de agosto o prazo para solicitar axudas á adquisición de libros de texto ou material escolar no curso 2017/18 (publicado no BOP número 133 do 12 de xullo). Coma en anos anteriores, a contía máxima é de 65 euros por cada neno e mantense o requisito indispensable de que os beneficiarios sexan unidades familiares empadroadas no municipio e con fillos matriculados en centros públicos de Nigrán en Educación Infantil no curso 2017-2018. Como principal novidade, e co obxectivo de chegar ao maior número de familias, increméntanse os ingresos mínimos para poder acceder ás axudas, puntúa o feito de ter discapacidade ou ser familia numerosa, regúlanse os casos de parellas separadas ou divorciadas e a axuda comprende tamén o gasto en material escolar (anteriormente eran só libros).

Os solicitantes deben achegar toda a documentación (libro de familia, DNI dos pais, IRPF do 2016, recibo de aluguer ou hipoteca…) no Departamento de Benestar Social do Concello de Nigrán (cita previa no 986365000).