Nigrán inviste 56.000€ na renovación dos parques infantís

Estanse a instalar novos conxuntos modulares con diferentes elementos de xogo, balancíns, pirámides de corda para trepar, tirolina ou columpios.
Publicado por o día 26/11/2017 na sección de Galicia,Nigrán

Nigrán inviste 56.000€ na renovación dos parques infantís

O Concello de Nigrán inviste un total de 56.051 € na renovación dos parques infantís da Alameda de A Ramallosa, Gaifar (Panxón, frente ao pavillón) e Centro Cultural ‘A Camoesa’ (Camos). A mellora suporá a instalación nestas semanas de novos elementos como conxuntos modulares, redes trepadoras, balancíns e columpios para nenos de tódalas idades e tamén con problemas de discapacidade. Deste xeito, Nigrán contará na Ramallosa cos primeiros columpios inclusivos do municipio, aspecto fundamental incluído no programa de goberno ‘Un Nigrán para todos’.

“Trátase de tres parques con moita afluencia e con elementos xa moi deteriorados e obsoletos, polo que están sendo xa renovados atendendo tamén ás necesidades dos nenos con algunha discapacidade, aspecto que temos en conta en tódolos nosos proxectos”, sinala o alcalde, Juan González.

Así, o parque infantil de A Ramallosa contará cun novo conxunto modular composto por torres con e sen tellado, ponte, dous tobogáns, barra de bombeiros e pasarela-tubo. Ademais, instalaranse 6 novos columpios (dous deles con asentos inclusivos, dous para bebés e outros dous convencionais) e un balancín de muelles adaptados de sete prazas. Ao mesmo tempo, antes de que acabe o ano, renovarase a pista multiusos da Alameda, en mal estado tras dez anos de antigüidade. O orzamento total ascende a 22.015 €. Compre salientar que neste 2017 o Concello de Nigrán habilitou na parroquia unha praza pública e parque infantil bautizado como ‘Parque da feira”, situado na rúa Damas Apostólicas e no que investiu 72.000 €.

Paralelamente, no parque infantil de Panxón instalarase unha pirámide de trepar de corda cunha altura de 6 metros e un diámetro de 10; unha tirolina de 25 metros de lonxitude e catro columpios, dous deles para uso simultáneo por adulto e bebé. O investimento total é de 21.036 €.

Finalmente, no parque infantil de Camos situado no centro cultural ‘A Camoesa’ instalarase un conxunto modular composto por torres con e sen tellado, pontes de barra fixa, tobogán, rede de trepar, escadas e columpio.

Ademais, disporase dun balancín de tres prazas. O investimento total é de 13.000 €. Nesta parroquia o Concello habilitou hai un ano un novo parque infantil situado no torreiro de San Roque e actualmente estase a rematar a renovación do situado nas escolas de Balinfra, sumando ambos máis de 60.000 €.

“Nos próximos meses comenzarán as obras dos parques do Torreiro de Priegue, o parque José Vázquez Grela en Nigrán, a Praza do Torreiro de Parada ou o Parque de Poutón en Vilariño, cos que dotaremos a barrios e parroquias de novos espazos públicos e parques infantís”, resume o rexedor.