Nigrán ofrece a actuación das Pandereteiras de Camos e Panxón

Publicado por o día 01/12/2017 na sección de Eventos,Galicia,Nigrán

O Concello de Nigrán ofrece mañá sábado ás 20:00 horas no Auditorio Municipal a actuación das pandereteiras “As Camoesas” e as da Asociación de Veciños de Panxón, que interpretarán diferentes temas do folclore tradicional galego. A entrada é de balde.