Nigrán ofrece dende este xoves ata o domingo na alameda de a Ramallosa o festival da cervexa artesá ‘Valmiñor Fest’

Trátase da terceira edición, congregando cada ano a miles de persoas que ademais de degustar cervexas poden probar comida de food trucks e gozar de diferentes concertos e actividades
Publicado por o día 13/08/2019 na sección de Galicia,Nigrán

Nigrán ofrece dende este xoves ata o domingo na alameda de a Ramallosa o festival da cervexa artesá ‘Valmiñor Fest’

O Concello de Nigrán acolle dende o xoves 15 de agosto ao domingo 18 a terceira edición da FEIRA DA CERVEXA ARTESÁ DE NIGRÁN ,“ VAL MIÑOR FEST”, na Alameda de A Ramallosa. Os asistentes poderán degustar case 70 tipos de cervexas artesás diferentes o longo dos catro días, contando con cervexeiros artesáns vidos dende diferentes partes de Galicia e algún invitado de fóra como son :

· CERVEXA TRISK-ALE ( BAIONA)

· CERVEXA SKYNET (OURENSE)

· CERVEXA THE ONE BEER (MADRID/ SANXENXO)

· CERVEXA SILVESTRES ( PONTEVEDRA)

· CERVEXA NASA (PONTEVEDRA)

· CERVEXA O CORVO ( VILA NOVA DE AROUSA)

· CERVEXA NOS (VIGO)

· CERVEXA BUBELA (LUGO)

· CERVEXA ALE ALE (UXES)

· CERVEXA GO! (MADRID)

Este festival de cervexa artesá virá para quedarse dende o Xoves 15 de Agosto ata o Domingo 18 de Agosto. Será a ASOCIACÍÓN GALEGA DE CERVEXEIROS ARTESÁNS e CERVEXAS TRISK-ALE as encargadas de realizar este evento coa colaboración do Concello de Nigrán. A Asociación pretende dar a coñecer un producto elaborado de xeito artesanal e profundizar na cultura desta bebida.

Coma nos anos anterioreos, habilitaranse stands na Alameda de A Ramallosa para poder degustar as diferentes variedades de cervexa artesá e contará con “food trucks” para poder maridar as cervexas con pratos gourmet (pizza artesana,hamburguesas con pan de masa madre, crepes, comida vegana, tex mex, comida alemana…).

Trátase dun festival de carácter familiar, que ten como obxetivo principal fusionar a cervexa artesá coa comida de rúa e unha ampla programación de música, obradoiros para os cativos, concursos… creando así un espazo cultural diferente. Contará novamente cun espazo de xogos populares de madeira para os mozos.