Nigrán ofrece este sábado o documental ‘VIGO 1972’ coa presencia do director Roi Cagiao

Por o 04/04/2019 | Sección: Eventos,Galicia,Nigrán
Nigrán ofrece este sábado o documental ‘VIGO 1972’ coa presencia do director Roi Cagiao

O Concello de Nigrán ofrece este sábado ás 19:00 horas no Auditorio Municipal o documental ‘Vigo 1972’ coa presencia do seu director, Roi Cagiao, que intervirá nun posterior coloquio. A entrada é de balde ata completar aforo.

Estreada en outubro de 2017, a longametraxe documental ‘VIGO 1972’ narra a histórica folga que tivo lugar en setembro dese ano en Vigo e que situou a Galicia como centro de interese informativo a nivel estatal e internacional durante 15 días, á vangarda da loita antifranquista.

Dirixida e guionizada por Roi Cagiao e coa produción executiva de Emilio Fernández, o filme colleitou un importante éxito nos cines comerciais (onde estivo 7 semanas consecutivas en cartaz). Participou no festival Cineuropa 2017, o Festival Internacional Primavera do Cine e o II Certame de Documental Gallego de Buenos Aires (decembro 2018) e foi finalista nos Premios Mestre Mateo 2017 na categoría de Mellor Documental.

O filme, construído a través de materiais de arquivo, dramatizacións e entrevistas conta coa participación de destacados protagonistas dos feitos, como Waldino Varela, Juan Benavides, Carlos Núñez, Carlos Barros, Elvira Landín, José Iglesias, Juan Bacariza, Francisco Lores e Rafael Pillado, Camilo Nogueira e un logo de persoas importantes…

Comentar noticia

Your email address will not be published.