Nigrán ofrece este sábado un concerto benéfico de nadal a cargo das tres corais do municipio

Publicado por o día 12/12/2019 na sección de Eventos,Galicia,Nigrán

Nigrán ofrece este sábado un concerto benéfico de nadal a cargo das tres corais do municipio

O Concello de Nigrán ofrece un ano máis este sábado 14 ás 19:00 no Auditorio Municipal o seu ‘Concerto Benéfico de Nadal’ a cargo das tres formacións do municipio: Novos Aires (Nigrán), Os Vagalumes (Chandebrito) e Ecos do Castelo (Parada). Ao tratarse dun evento solidario solicítase como donativo que os asistentes entreguen un alimento non perecedeiro que os Servizos Sociais do Concello xestionarán entre as familias máis vulnerables do municipio.

As tres corais interpretarán cada unha cinco temas e todas elas incluirán no seu repertorio algunha panxoliña (Campanas de Navidad, Adeste Fideles, O neno durmía …) ou popurrí de Nadal. O público poderá gozar tamén de cancións populares como ‘Catro vellos mariñeiros’ e outras como ‘Ven dulce amado mío’, ‘Da rosa rosiña’, ‘Chuva de prata’…

Comentar noticia

Your email address will not be published.