Nigrán ofrece o seu primeiro certame de “Monólogos no mar” con Oswaldo Digón e Pepo Suevos

Por o 06/09/2018 | Sección: Galicia,Nigrán
Nigrán ofrece o seu primeiro certame de “Monólogos no mar” con Oswaldo Digón e Pepo Suevos

O Concello de Nigrán ofrece este venres ás 20:00 horas o seu primeiro certame de “Monólogos no mar”, con Oswaldo Digón e Pepo Suevos, dous dos cómicos galegos máis recoñecidos a nivel nacional. Este terá lugar ao pé do Templo Votivo, no recinto do CEIP de Panxón, e con entrada de balde.

O actor, guionista, presentador e monologuista lucense Oswaldo Digón (moi coñecido por “Las Noches del Club de la Comedia”) abrirá a noite de risas. O artista combina a representación do seu espectáculo de humor “Diálogos EN 3D” en Madrid, e tamén en Barcelona, co Club de la Comedia. Empezou a súa carreira como contacontos e máis adiante traballou como actor de teatro profesional. Foi guionista dos programas de humor “Tourilandia” e “A Casa da Conexa” para TVG, pero destaca máis o seu paso polos escenarios, coa realización de espectáculos como “Os duguis World Tour”, “HAIPOD”, “As noites de monólogos 10” e “As noites do Club da Comedia”. No 2003 gañou o concurso de comedia Fórum Comedia co espectáculo escrito e interpretado por el mesmo “Historias da miña Historia”, co que estivo dúas tempadas no Teatreneu de Barcelona.

Pola súa banda, Pepo Suevos reúne máis dun milleiro de monólogos ás súas costas, un animal do humor en directo, disposto a arrasar o escenario que colla por diante, sexa dun bar, ou auditorio ou o palco dunha orquestra. Pepo é ademais de monologuista un fantástico actor, animador, dobrador, guionista e incluso locutor de radio. Nos últimos anos ten participado en proxectos a nivel estatal como “Piratas” ou “Aquí paz y después gloria” (unha serie protagonizada por Antonio Resines), e en Galicia formou parte de “Mareas Vivas”, “Terra de Miranda”, “Caseiros”, “Pazo de Familia” ou “Matalobos”.

Comentar noticia

Your email address will not be published.