Nigrán organiza este fin de semana unha ludoteca mariñeira no Auditorio e Prazo do Concello de Nigrán

Enmarcada en “Nigrán, mar de sabores”, terá lugar sábado e domingo de 11.00 a 14:30 horas e de xeito gratuito.
Por o 17/11/2017 | Sección: Cultura,Galicia,Nigrán
Nigrán organiza este fin de semana unha ludoteca mariñeira no Auditorio e Prazo do Concello de Nigrán
Compartir en:

O Concello de Nigrán e Confradía de Pescadores ‘A Anunciada’, coa financiación do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP), organizan este fin de semana unha ludoteca mariñeira para nenos e nenas de 4 a 14 anos. Esta terá lugar o sábado e domingo de 11:00 a 14:30 horas no Auditorio Municipal e na Praza do Concello, contará con xogos, animación en directo, obradoiros medioambientais e reciclaxe con refugallos; ademais, o domingo ás 13:00 horas haberá un contacontos.

A actividade se encadra en “Nigrán, mar de sabores”, un evento que fusiona tradición mariñeira con gastronomía e ocio e que se extende máis alá das dúas xornadas lúdicas e culturais de setembro.