Nigrán participa no programa da DEPO “Tecendo lazos” cun curso de “Reciclaxe creativo en familia”

O prazo de inscrición remata o 16 de decembro e o curso se desenvolverá do 26 ao 29 de decembro na Asociación de Veciños Monteferro (Panxón).
Publicado por o día 02/12/2017 na sección de Deputación de Pontevedra,Formación,Galicia,Nigrán

O Concello de Nigrán, en colaboración coa Deputación de Pontevedra, organiza o curso “Reciclaxe creativo en familia” no contexto do programa Tecendo Lazos. O curso está destinado a elaboración de obxectos relacionados co Nadal, con material de refugallo (a modo de exemplo elaborarase tarxetas, separadores de libros, moedeiros, bandexas, paxaritas, caixas-niño…). O curso terá unha duración de 16 horas e desenvolverase dende o día 26 de decembro ata o día 29 de decembro, de 10.00 horas a 14.00 horas na Asociación de Veciños de Monteferro (Panxón).

Está destinado prioritariamente á persoas empadroadas en Nigrán e terán preferencia as persoas que formen parte da mesma familia, se inscriban xuntas e pertenzan a diferentes xeracións (netas e netos, avoas e avós, fillas e fillos…). Poderán participar menores a partir de 10 anos.

O prazo de inscrición comeza remata o 16 de decembro. As persoas interesadas deberán presentar a solicitude no Rexistro Xeral do Concello acompañada da seguinte documentación: fotocopia do DNI, autorización do pai, nai ou persoa responsable do menor e fotocopia de volante de empadroamento.

Para mais información na Oficina de Atención Cidadá tlf. 986 365000.