Nigrán realiza entrega adicional de alimentos cárnicos e outros productos ás familias máis vulnerables

Publicado por o día 05/04/2020 na sección de Alimentación,Galicia,Nigrán,Social

Nigrán realiza entrega adicional de alimentos cárnicos e outros productos ás familias máis vulnerables

O Concello de Nigrán emprendeu onte un reparto especial a domicilio para familias vulnerables a base fundamentalmente de alimentos cárnicos (polo e lombo de porco) pero tamén de productos menos cotiás como café, cacao ou fariña. En total, o Concello adquiríu no pequeno comercio do municipio 1.000 € nestas compras destinadas a 55 familias e que se suman ao reparto ordinario semanal de produtos non perecedoiros e ao extraordinario da semana pasada a base de froitas, ovos e verduras e produtos de hixiene corporal e limpeza. O Concello garante que durante todo o periodo que se manteña o estado de alarma o seu equipo de axuda ante o Covid-19 realizará esta labor e estas entregas adicionais, así como o servizo de compras de alimentos ou menciñas a persoas con recursos pero que non se poden desprazar dos seus fogares (teléfono especial 986383930 de 9:00 a 14:00 horas de luns a venres) ou entrega de libros e DVD da Biblioteca Municipal (peticións no 986383288 de 10:00 a 12:00 de luns a venres).

“Este é un envío especial para os que máis o precisan, normalmente se entregan produtos non perecedoiros, como estivemos a facer sempre, pero dadas as circunstancias consideramos imprescindible realizar compras completas para que ninguén teña que desprazarse ao supermercado e para garantir á mellor alimentación de toda a unidade familiar, xa que os menores destas se ven privados do comedor escolar”, sinala o alcalde, Juan González

Deste xeito, o equipo composto polo propio goberno municipal entregou onte nos domicilios 26 polos, 18 medios polos, 10 kg de peitugas e 250 filetes de lombo, todo elo mercado nunha carnicería local; así como outro tipo de productos adquiridos nun pequeno establecemento local (55 kg de azucre, 45 kg de fariña, 30 kg de cacao, 33 kg de café…) Todo elo foi transportado en dúas Citroën Berlingo novas cedidas para este uso por Aqualia (unha vez se supere esta crise sanitaria se engadirán á actual frota do Servizo Municipal de Augas ).

Solidariedade

O Concello de Nigrán subliña especialmente a solidariedade das empresas de Nigrán e da comarca porque durante estes días están a recibir múltiples doazóns destinadas a estas familais, como as realizadas por Ovos El Rancho ou Patacas J.A.Blanco, as realizadas desde Panaderias como Yahoma, Copena, La Flor de Nigrán ou o Estanco de Priegue (entregou todos os seus productos destinados á máquina de vending).

“Somos un municipio solidario e se está a demostrar nestes intres coas doazóns diarias das empresas e os prezos especiais que están a facer nas compras, estamos moi agradecidos”, subliña González.

Comentar noticia

Your email address will not be published.