Nigrán reanuda programa de turismo con excursión para maiores a Festa do Lacón con Grelos de Cuntis

O prazo de inscrición comeza o martes día 6 e finaliza o venres 9, o prezo é de 10 euros e inclúe o transporte e o xantar.
Por o 02/02/2018 | Sección: Galicia,Nigrán

O Concello de Nigrán pon en marcha un ano máis o programa de turismo social destinado á veciñanza da terceira idade co obxectivo de dar a coñecer aos maiores outros lugares de Galicia e facilitar a súa socialización.

O programa arranca o 18 de febreiro cunha excursión á “XXI Festa do Lacón con Grelos” de Cuntis, declarada “Festa de Interese Turístico de Galicia” e que combina a degustación gastronómica nunha carpa con actuacións musicais e diversas actividades lúdico-culturais que atraen cada ano a miles de persoas. O prezo é de 10 € e inclúe autobús e o xantar. A hora de saída é ás 10.00 horas dende o Concello de Nigrán e o regreso estimado ás 20:00 horas.

Os interesados poden inscribirse dende o martes 6 de febreiro ao venres 9 de 9:00 a 14:00 horas na Oficina de Información Cidadá do Concello de Nigrán.

O Goberno local de Nigrán entende que viaxar "non só serve para descubrir lugares novos, senón que apórtanos moítisimos beneficios especialmente útiles para as persoas maiores, como a mellora do ánimo, aumento da creatividade, mellora da capacidade de resolver problemas, estimulación da actividade cerebral e reconstituínte da memoria e da atención”.

Nese sentido, o alcalde de Nigrán, Juan González, deixa clara a súa aposta por este programa, "porque a todos estes beneficios hai que engadir que se socializarán e, en definitiva, faraos sentir máis felices e vitais”.