Nigrán repón a pasarela de acceso ao Castro de Chandebrito queimada nos incendios

Trátase dunha infraestrutura de madeira de preto de 200 metros (igual á existente anteriormente) e cun custe de 18.500 €
Por o 03/06/2018 | Sección: Galicia,Nigrán
Nigrán repón a pasarela de acceso ao Castro de Chandebrito queimada nos incendios
Compartir en:

O Concello de Nigrán vén de repoñer o acceso ao monte do Castro de Chandebrito mediante a instalación dunha nova pasarela e escaleiras de madeira despois de que se queimaran totalmente nos incendios do 15 de outubro. Cun investimento de 18.500 € e unha lonxitude de preto de 200 metros, a nova infraestrutura é idéntica á que había anteriormente e permite que o castro, os muíños e o miradoiro resulten accesibles.

“Despois das políticas de emerxencia emprendidas dende o Concello nun primeiro momento, agora nos atopamos nunha segunda fase que consiste en devolver á parroquia ao estado no que se atopaba antes do 15 de outubro, esta é unha acción máis nesta liña e virán outras máis que reflicten a nosa aposta por Chandebrito”, resume Juan González, alcalde de Nigrán.