Nin o Concello é o “cortijo” privado do alcalde, nin o Celta é a “hacienda” exclusiva de Mouriño

Compromiso por Galicia chama ao entendemento necesario entre a cidade e o Celta.
Publicado por o día 12/04/2017 na sección de Compromiso por Galicia,Política,Vigo

Nin o Concello é o “cortijo” privado do alcalde, nin o Celta é a “hacienda” exclusiva de Mouriño

Ante as declaración do Presidente do Celta, D.Carlos Mouriño, sobre a ”irreversible” marcha da nosa cidade, do R.C. Celta de Vigo; os galeguistas de Compromiso por Galicia, facemos un chámamento ao acordó conxunto entre o Alcalde da cidade, D.Abel Caballero e o Presidente do Celta, D.Carlos Mouriño, para que deixen a loita de ”egos” e o pulso que están a manter, por intereses particulares que en nada benefician aos vigueses e viguesas. Esta é unha loita que non beneficia a ninguén, e que perxudica sobretodo ao celtismo e ás xentes celtistas, pero tamén danaria a pequenos empresarios da contorna do estadio, aos socios do clube, e à cidade de Vigo en xeral.

A executiva do partido en Vigo, a través do seu secretario local, Daniel Lago, incide na posición “kamikaze” da “Alcaldia”, xa que leva anos buscando o confrontamento na cidade; primeiro coas caixas de Aforro, logo cos aeroportos e agora con Balaídos. Temos tamén que esixir ao señor Mouriño que deixe de exercer como recadeiro de intereses espureos do PP de Vigo e os seus alcaldes e alcaldesas da area metropolitana.

Para Compromiso por Galicia, tanto a marcha do Real Club Celta como a construción dun novo estadio, son propostas pouco realistas. No caso da marcha da cidade, polo risco de pervivencia do club, cunha moi posible marcha de abonados e descenso de asistentes aos partidos. No caso de construción dun novo campo de futbol, esta seria unha proposta dificilmente entendible para a cidadanía, tras os investimento de millóns de euros na remodelación do estadio municipal para uso case en exclusiva polo R.C. Celta.

A mellor solución é a concesión administrativa e a titularidade municipal do estadio:

Desde CxG Vigo, apostamos na mellor solución, entendendo esta como unha concesión administrativa a longo prazo, sobre o estadio, coa posibilidade de que o clube poidera explotar a totalidade das gradas. Non entendemos que logo de ter gastado sobre 30 millóns de cartos públicos, na reforma do estadio, tan demandada polo clube, adopten agora esta actitude de últimatum.

Esperamos que haxa unha pronta negociación e que ambas partes, polo ben de Vigo e do Celta, cheguen a un bon entendemento. É preciso que o espírito conciliador fique presente neste tema, se de verdade, aman á súa cidade e ao Celta.