Ningún mozo sen familia vivindo na rúa

Publicado por o día 01/10/2019 na sección de Social

Ningún mozo sen familia vivindo na rúa

Estiveron protexidos mentres foron menores. Pero ao cumpriren 18 deben afrontar a súa vida en soidade. Porque non teñen unha familia á que volver.

En España hai 40.000 nenas, nenos e adolescentes tutelados. Cada ano, máis de 2.000 deixan o sistema de protección tras cumpliren a maioría de idade. E o 47% emancípanse en situación precaria. 

A súa infancia xa foi abondo difícil. As súas familias non puideron, non souberon ou non quixeron coidalos. Agora que son maiores de idade non teñen marxe de erro: se non atopan un medio de vida, o seu destino é a rúa. 

“A parte máis dura é sentirse só e apartado”

– Jose, 23 anos

“O que máis medo me dá é non atopar traballo”

– Celia, 19 anos

Son os máis ameazados polo paro e a temporalidade laboral. A sensación de soidade e o risco de depresión son moito máis frecuentes que entre o resto da xuventude. Necesitan unha solución en termos de vivenda para non quedaren desprotexidos.

Ningún mozo sen familia vivindo na rúa

A súa infancia xa foi abondo difícil. As súas familias non puideron, non souberon ou non quixeron coidalos. Agora que son maiores de idade non teñen marxe de erro: se non atopan un medio de vida, o seu destino é a rúa. “A parte máis dura é sentirse só e apartado”– Jose, 23 anos“O que máis medo me dá é non atopar traballo”– Celia, 19 anosMáis información na ligazón https://www.noticiasvigo.es/ningun-mozo-sen-familia-vivindo-na-rua/

Publicada por Noticias de Vigo en Martes, 1 de octubre de 2019

A petición

Que todos os partidos políticos consideren no seu programa de vivenda a mocidade ex tutelada como colectivo de atención especial.

Que os gobernos central e autonómicos garantan o acceso gratuíto das mozas e mozos ex tutelados ao parque de vivenda pública protexida, durante polo menos dous anos e con posibilidade de retorno.

Piden a tua colaboración

Teñen unha petición para asinar para que a clase política os teña en conta, aquí poden asinar https://www.igaxes.org/gl/ningun-mozo-ex-tutelado-vivindo-na-rua/

Organizan un acto solidario

O acto chamase “II Cea benéfica en favor da Infancia “Alas en tus pies””, que será o 19 de outubro, celebramos a II Cea Ás nos teus pés en favor da Infancia. O evento terá lugar a partir das 21.30 horas no Real Club Náutico da Coruña e este ano contará coa colaboración do Colexio de Odontólogos e Estomatólogos da Coruña (ICOEC).

Cada ano, dedícase o diñeiro recadado nesta cea, a algunha causa que axude a mellorar as diversas situacións nas que se atopa a Infancia máis desfavorecida. Este ano, o diñeiro recadado, irá destinado a unha bolsa ou bolsas para que os mozos que, por cumprir 18 anos, teñen que saír do Sistema de Protección de Menores sen recursos poidan levar unha vida autónoma e cun colchón económico. A coordinación da bolsa levaraa a cabo IGAXES.

Máis información na imaxe de acontinuación.