Ningunha persoa ferida tras un incendio que obrigou a desaloxar dous edificios en Pontevedra

Por o 27/01/2019 | Sección: Sucesos
Ningunha persoa ferida tras un incendio que obrigou a desaloxar dous edificios en Pontevedra

Ningunha persoa resultou ferida despois dun incendio que se orixinou nun restaurante situado no baixo dun inmoble en Pontevedra, polo que os servizos de emerxencia tiveron que desaloxar dous edificios, de seis e sete andares, ubicados na rúa Alfonso X o Sabio.

Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, unha lumarada procedente do local de hostalaría prendeu no revestimento da fachada dun edificio a través do patio de luces e provocou danos en varias vivendas.

O 112 Galicia tivo constancia do incendio ao fío das 13:10 horas, a través da chamada de varias persoas particulares. Acto seguido, os xestores do CIAE 112 puxeron os feitos en coñecemento dos Bombeiros de Pontevedra, do 061-Urxencias Sanitarias, da Policía Local, da Policía Nacional e de Protección Civil.

Unha vez que os servizos de emerxencia finalizaron as tarefas de extinción, ao redor das 17:15 horas, algunhas persoas puideron regresar ás súas vivendas. En cambio, outras tiveron que ser realoxadas en hoteis ou en casas de familiares debido aos importantes danos que provocou o lume e o fume nas súas vivendas.

Comentar noticia

Your email address will not be published.