No auditorio de Teis acto de presentación do grupo de gaitas da asociación veciñal

Publicado por o día 11/05/2018 na sección de A.V. Teis,Galicia,Social,Vigo

No auditorio de Teis acto de presentación do grupo de gaitas da asociación veciñal

A Asociación Veciñal de Teis, organiza este sábado 12 de maio ás 18:30 horas, no auditorio de Teis, un acto de presentación do grupo de gaitas da asociación ao barrio de Teis.

O grupo de gaitas esta formado por 24 veciños/as e levan tres meses ensaiando no local da asociación.  Neste acto tamén contaremos coa actuación da orquestra de saxos do conservatorio Mayeusis.