No BNG apostan renovar o Colexio Igrexa, como espazo multifuncional.

Publicado por o día 08/11/2019 na sección de BNG,Galicia,Política,Redondela

No BNG apostan renovar o Colexio Igrexa, como espazo multifuncional.

Prantexan que se cree unha partida nos orzamentos do 2020, para o que denominan Espazo Multifuncional “Sesé Mateo”. Os dous mil metros cadrados construídos, suplirían as carenzas dos coleitivos de Chapela. Apremian á alcaldesa, a negociar con Audasa e Fomento.

O fin da actividade lectiva no antigo CEIP Igrexa, Chapela, “debe ser aproveitado para que se cree un novo espazo dotacional de carácter cultural e asociativo na parroquia”, segundo expuxo o voceiro nacionalista, Xoán Carlos González. Refírese a manter o antigo edificio educativo, xunto ás vivendas escolares, co que se gañarían máis de dous mil metros cadrados para desenvolver diversas iniciativas culturais, asociativas e feministas.

“De todos e todas, é ben coñecida a falla de espazos para as diferentes asociacións e entidades culturais, que padece Chapela. Agrupacións como Anaquiños ou Froles Mareliñas, desenvolven a súa actividade en condicións moi complexas”, sinala. Ademáis apunta, que a A.VV. De Chapela, e a Comunidade de Montes, víronse forzadas a abandoar por malas condicións, o local do que ata agora dispoñían.

Consideran que agora é o momento de “negociar con Audasa e Fomento, para que lle cedan ao Concello de Redondela, este espazo”, afirma o voceiro nacionalista. “Córrese o risco de que en calquera momento, as máquinas poidan derrubar o colexio, co que se esbaería toda posibilidade de aproveitamento do edificio”. “Emprazamos a que Digna Rivas, como alcaldesa, se dirixa aos responsábeis da Concesionaria e do Ministerio para iniciar as negociacións”.

Queren aproveitar a oportunidade, para que se cre un punto de divulgación e posta en valor do traballo desenvolvido polas mulleres e polo feminismo. “A denominación de Espazo Multifuncional “Sesé Mateo”, sería o máis acaído, en memoria de quen foi asasinada por violencia machista hai case tres anos.

Este foi un dos compromisos que pretende sacar adiante a organización nacionalista, “que xa presentamos no nos Programa Eleitoral, ademáis de levar ao Pleno do Concello un acordo similar”, recorda. “Imos propoñer que nos vindeiros orzamentos se inclúa unha partida para a reforma integral destes edificios, co fin de que o movemento asociativo podia dispoñer del canto antes”, remata na súa nota Xoán Carlos González.

Comentar noticia

Your email address will not be published.