No Campamento de Arbo tratase un tema tan importante como e a igualdade

Publicado por o día 10/08/2017 na sección de Arbo,Galicia

No Campamento de Arbo tratase un tema tan importante como e a igualdade

A piques de rematar a primeira quenda de agosto do campamento de Verán, hai novas incorporacions, novos temas a tratar e como sempre aprendendo e disfrutando.
Entre as actividades deportivas ademais de natación na psicina municipal tamen tiveron ciclismo, para achegar os nenos a este deporte.
 O Campamento de Arbo recibiu na semana do dia 3  a Flora e Micha, que viñeron contar o segredo de como controlar as nosas emocións por medio dun  conto e cunha dinámica complementaria na que participaron tódolos nenos e nenas, centrándose na igualdade entre as persoas.
O mercores día 9 de agosto os nenos e nenas despreazaronse o pavillon municipal de deportes de Arbo, simulando un campin e libremente na pista.
O alcalde de Arbo invita os que non participaron, a animarse nestes 15 dias da recta final, e define o campamento dicindo que Todos os días son unha aventura, unha diversión, un descubrimiento e unha ilusión para os nenos, os que todavía lles queda moito verán e actividades por facer.