No Día do Consumidor: Guerrilla á obsolescencia

No Día do Consumidor, 15 de marzo, Amigos da Terra apela á cidadanía para fomentar a “ Alargascencia” e plantarlle cara á obsolescencia programada e percibida.

Activistas da asociación comezan unha campaña por redes sociais a través da cal compartirán fotos, para demostrar que, a pesar das trabas da industria, as persoas consumidoras poden darlle segundas e máis vidas aos seus obxectos. 

Alargascencia é o termo acuñado pola organización ecoloxista para denominar todas aquelas actividades que fan fronte á obsolescencia, a coñecida técnica de márketing para vender máis e máis produtos pouco duradeiros, que pon en risco os recursos naturais do planeta e que provoca unha contaminación contínua ocasionada polos múltiples residuos que xera. 

foto-acción, enmarcada na campaña Se Merecen un 10”, quere chamar a atención sobre a necesidade de reducir o IVE aos servizos de reparación, segunda man e aluguer, que achegan un valor social e ambiental á sociedade. Amigos da Terra xa recolleu preto de 4.000 firmas para apoiar esta proposta, que se enviará ao Ministerio de Facenda.

Ao longo destes días, activistas da organización sumaranse á “guerrilla contra a obsolescencia” con actividades nas que informarán sobre a campaña e animarán á xente para participar na foto-acción, co fin de lograr máis apoios á petición. Estas imaxes subiranse baixo o hashtag # SeMerecenUn10.

O obxectivo da petición é fomentar estes servizos a través dun abaratamento dos mesmos, poñendo en valor a ampliación da vida útil dos produtos, e permitindo a máis usuarios acceder aos mesmos”, sinala María Durán, responsable de recursos naturais e residuos de Amigos da Terra.

Tanto o directorio de Alargascencia como a petición de # SeMerecenUn10, tiveron moi boa acollida entre os establecementos dedicados a alongar a vida das pezas de roupa, aparellos eléctricos e electrónicos, mobles e resto de obxectos, así como entre as persoas usuarias. Hai que sinalar que o mapa de Amigos da Terra, no que se recompilan este tipo de comercios, xa conta con máis de 1.400 establecementos.  Segundo a asociación ecoloxista, co uso destes servizos, estarase a declarar a guerrilla ás artimañas da industria. Canta máis xente sexa usuaria, máis probabilidades haberá de esixir pezas de recambio e máis duradeiras. Trátase de transformar o sector a través do consumo. Por tanto, canta máis demanda haxa, máis obrigada se verá a industria para cambiar as súas formas de fabricar e vender. 

O modelo de consumo actual necesita cantidades inxentes de recursos para a súa fabricación. A modo de exemplo, unha camiseta de algodón require de 3.900 litros de auga, e tan só en España xéranse 326.000 toneladas de residuos téxtiles ao ano; un teléfono móbil necesita 12.760 litros . Estes obxectos deséñanse para que a súa vida útil sexa cada vez menor, xa sexa por calidade ou tendencias.

Loitar contra a obsolescencia é clave para acabar coa cultura de “usar e tirar”; non só comportará beneficios ambientais, senón que tamén supón un aforro para o peto da cidadanía. Os impactos desta práctica supoñen arrasar con bosques para extraer recursos naturais de forma compulsiva, pero, á súa vez, poñen en grave risco a poboacións próximas ás zonas da extracción e ás zonas da vertedura ou incineración de residuos, en moitos casos perigosos por tratarse de materiais e moi contaminantes. 

 

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM