No Día mundial do Medio Ambiente. No Consorcio do Louro amamos a auga

O Consorcio lanza unha campaña cidadá para a concienciación sobre a importancia e o bo uso da auga.
Publicado por o día 21/03/2019 na sección de Galicia,Mos

No Día mundial do Medio Ambiente. No Consorcio do Louro amamos a auga

Hoxe, Día Mundial do Medio Ambiente, o Consorcio de Augas do Louro presenta dúas accións de divulgación, educación e concienciación cidadá acerca da importancia do coidado da auga.

A primeira dirixida ós máis cativos é o IV Concurso de Debuxo, no que coma noutros anos os alumnos de 3º e 4º de Primaria dos catro Concellos consorciados poderán plasmar a súa creatividade baixo o lema “Investigadores da auga”.

A segunda é a presentación do libro No Consorcio do Louro amamos a auga, que ao longo das vindeiras semanas distribuirá 6.000 exemplares entre a cidadanía dos concellos do Porriño, Tui, Mos e Salceda de Caselas, un manual de bos usos sobre o ciclo da auga e a importancia que ten o seu uso e protección. A distribución fíxose en colaboración co comercio local dos catro concellos.

O obxectivo prioritario desta acción é o de concienciar e adestrar a poboación nun mellor coñecemento, uso e aproveitamento dos recursos hídricos.

O manual inclúe un gran número de consellos para habituarnos, na vida cotiá, a ter conta deste recurso imprescindible e limitado, tanto no interior dos fogares coma na horta e xardín, negocios, centros de ensino, etc.

Comentar noticia

Your email address will not be published.