No Hospital Álvaro Cunqueiro quirófanos e esterilización en pé de guerra

Por o 22/05/2018 | Sección: Galicia,Sanidad,Vigo
No Hospital Álvaro Cunqueiro quirófanos e esterilización en pé de guerra
Compartir en:

Os problemas de esterilización, lonxe de rematar, mantéñense á orde do día. Enmárcanse, no que moitos pensamos, é un feito urdido a conciencia dende o Goberno e a Consellería de Sanidade, dentro do plan privatizador e mantendo así un elevado número de derivacións hacia a Sanidade Privada.

Hoxe foron suspendidas, a lo menos, 5 intervencións cirúrxicas, 3 delas de trauma e 2 de Xinecoloxía, ao parecer porque non chegaron as caixas de instrumental dende o Meixoeiro, que é onde está ubicada a central de esterilización.

Posteriormente, ao redor das 12h, suspéndese outra operación, neste caso de neuroloxía, despois de que onte este mesmo cirurxián xa tivera que suspender outra, que saíu do quirófano tremendamente indignado e moi enfadado, a palabra que nos transmiten é “rabioso”, a falar cos familiares.

O paciente atopábase xa en quirófano e anestesiado.

Neste caso a caixa de material contiña auga, o que nos comentan que pode deberse a falta de tempo ao pechar as caixas sen que o material estea suficientemente frío, o que provocaría unha condensación dentro das mesmas.

A falta de persoal, as presións e a falta de material, e a ubicación da central no Meixoeiro, non fan máis que empeorar a situación que se vive nos quirófanos do HAC.

Os problemas de falta de persoal e o aumento das cargas laborais, como é o caso das TCAES ás que se lle encarga agora o transporte das bolsas de roupa sucia en beneficio da concesionaria, están a provocar unha gravísimas deficiencias na atención hospitalaria.

O Conselleiro e o Xerente presumen de ter camas suficientes, que multiplican cal “milagre dos pans e dos peixes” sen dotación de persoal suficiente para a atención das mesmas.

Os profesionais e usuarios estamos expectantes e preocupados, á espera de que se informe das infeccións, reflectidas ou concretadas en números, porque a evidencia a simple vista é dun importante aumento das mesmas.

Importantes sobre todo no que se refire ás infeccións nosocomiais adquiridas como consecuencia da actividade cirúrxica no Cunqueiro, que conta cun modelo de de circulación de corredoira única sen intermedia, o que provoca unha entrada e saída continua de persoal quirófanos. Sería interesante tamén coñecer as medidas de control que se están a aplicar.

A falta de persoal tamén e facilmente observable no número de úlceras, infección de curas, infeccións urinarias… que se producen nas plantas e Unidades de Coidados Intensivos e Reanimación.

Una respuesta para "No Hospital Álvaro Cunqueiro quirófanos e esterilización en pé de guerra"

  1. Maria   22/05/2018 at 20:00

    A todo esto podemos añadir la enorme carga asistencial que debemos soportar los trabajadores sanitarios , que a su vez se ve aumentada al tener que transportar las TCAES las bolsas de ropa sucia ( cosa que venia realizando el personal de la concesionaria ) a unos puntos de recogida que no son adecuados para tal fin , pues se trata de unas jaulas abiertas en medio de pasillos donde se acumulan amontonadas dichas bolsas de ropa sucia , exponiendo a los pacientes que pasen , sus familiares y los propios trabajadores a contraer posibles enfermedades puesto que muchos de nuestros pacientes están aislados.